Os sonos soamente son un anticipo da realidade

  • César Abella Vázquez

    Fundador de TRIVIUM estratexias en cultura e turismo s.l. desenvolve a súa traxectoria profesional como director xeral da sociedade dende o seu inicio. Ao longo deste tempo, realizou máis de 100 proxectos nos ámbitos da xestión cultural, a posta en valor do patrimonio e a consultoría turística. Segue formándose en áreas tan diversas como economía, dirección de equipos de traballo e mercadotecnia. Gústalle mirar mapas, cociñar, o chocolate e o xadrez. O TRABALLO DE REDE. Planificar, xestionar, producir, comunicar e innovar. O modelo de TRIVIUM favorece o traballo en rede. Un traballo sistemático de cooperación e complementación de activos e calidades diversas. Esta articulación baséase no compromiso, a responsabilidade e a implicación dos actores, que dan como resultado unha adaptación rápida e eficiente ás necesidades do mercado. Para iso, contamos coa sinerxía colaboradora de persoas e empresas que nos axudan a realizar os nosos proxectos.
  • CastroConsulting Marketing & Strategy

    Castro Consultoría é o noso socio de referencia nos proxectos de desenvolvemento turístico, planificación e consultoría. Realizamos xuntos innumerables proxectos e colaboramos dende hai anos!
  • Balidea

    O noso socio tecnolóxico máis importante en relación a cuestións de programación web, aplicacións, TICS e innovación é Balidea, unha grande empresa cuxa sede central se encontra en Santiago de Compostela
  • Wireless Galicia

    Con Wireless Galicia traballamos contidos culturais e turísticos para o desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas baseadas en tablets e smartphones.
AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información